Chega a Muros a segunda sesión de ‘Onde están as mulleres da cultura?’

O vindeiro venres 16 de outubro, terá lugar ás 19 h a segunda sesión do ciclo ‘Onde están as mulleres da cultura?’ un evento que pretende normalizar a existencia de referentes femininos na cultura a través da narración da súa experiencia persoal e profesional.
Así, este ciclo consta de dúas sesións baseadas nas carreiras de profesionais que traballan en eidos da cultura onde a muller está infrarrepresentada (literatura, artes plásticas, teatro, música, audiovisual). Tras unha primeira charla experiencial de cada unha delas, abrirase un posterior debate común acerca de como están a vivir a súa produción artística no contexto sociosanitario actual.
Nesta primeira sesión do día 9 de outubro o público pudo disfrutar dos relatos de Olga Osorio, Lula Goce e Paula Rego, que dan o relevo as convidadadas desta semana. Estarán sobre o escenario do Centro Cultural profesionais da talla de Iria Pinheiro, artista polivalente que pasou de interpretar para outros en obras de teatro, series ou programas, a abordar da man da compañía Chévere a súa primeira creación autoral ‘Anatomía dunha Serea’, coa que acadou dous María Casares denunciando a violencia obstétrica á que milleiros de mulleres se enfrentan cada día.
Tamén compartirá a súa experiencia profesional, Carmen Senande, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e especialista museolóxica pola USC, Carmen obtivo diversos premios e mencións tanto en pintura como escultura realizando mostras individuais e colectivas por diversos espazos expositivos.
Como terceira relatora teremos a Eli Ríos, escritora feminista, que busca crear espazos respectuosos para as mulleres e chegar á igualdade. Ela, que medrou pensando que só os homes escribían, hoxe é unha das referentes no mundo literario, con unha produción literaria multipremiada.
Conducirá a sesión unha das xornalistas máis salientables de Galicia: Marta Gómez, licenciada en Periodismo, Publicidade e Relacións Públicas con másters en Documentais Cinematográficos e Redes Sociais. Traballa en medios de comunicación públicos e privados desde 1998, especializándose na última década en programas culturais, chegando na actualidade a dirixir o Zigzag naTVG.
A sesión serán en aberto, para tódolos públicos no Centro Cultural de Muros ás 19.00 h, sempre respectando os protocolos dictados polas autoridades competentes no momento da súa celebración. A reserva de entradas pódese facer de xeito gratuito no 981.762294