“Os montes son para uso e goce de todos” É a hora de confinar a caza e devolver o monte á xente, ás familias

Cada día hai  máis exemplos do negativo impacto da caza en todas as comunidades autónomas: carteis de aviso, valos, portas pechadas, bandos municipais, folletos das administracións, disparos en zonas de seguridade. Todos instan o paseante ou á ciclista para ter posto un ollo no camiño e outro no cazador, cando a normativa esixe que sexa ao  revés. É quen practica unha actividade perigosa por empregar armas é quen ten a  obligación de respectar as zonas  públicas e de evitar situacións de risco para o resto das persoas.
Ningún espazo escapa ás limitacións e ameazas que a actividade  cinexética provoca en  senderistas, ciclistas ou  ecoturistas. Mesmo nos parques naturais os carteis de “perigo  montería” aparecen en roteiros  señalizados e córtanse senllas  ecolóxicas que discorren por camiños  públicos.
As comunidades autónomas e o Ministerio de Agricultura, Pesca e  Alimentación mostran un claro apoio á caza, pero esquecen que o medio natural é obxecto de actividades moito  máis importantes desde o punto de vista ambiental, social e  económico. Publican bandos e folletos avisando ás persoas non cazadoras de que eviten ir polo campo, mesmo de que se absteñan de transitar polos espazos  públicos.  Pola contra, non obrigan aos cazadores a  señalizar e respectar as zonas e condicións de seguridade. Tampouco editan circulares que lles lembren que non poden disparar en zonas onde poida haber persoas transitando ou realizando outras actividades no monte.

Claramente podemos concluír que cada día son máis os dereitos que se lle quitan ao cidadán e neste caso, son os cazadores os que teñen a potestade de decidir cando e por onde poden transitar os cidadáns nuns montes e camiños que por lei son para uso e goce de todos. Por que o poden facer? Porque as administracións decidiron que ao redor dun 1% da poboación total ten máis dereitos, os cales exercen ao seu antollo en detrimento do patrimonio natural e coa  consecuencia da perda da biodiversidade.
Nun momento de pandemia global no que as autoridades sanitarias recomendan a salida e actividades ao aire libre, debemos garantizar a seguridade de toda a poboación e as familias que escollen pasar na natureza o seu tempo de lecer. Neste momento de economías maltreitas,  o senderismo,  o montañismo ou deportes como o ciclismo poden ser a única saída para as economías dos negocios de hostelería no rural. “Quizais é o momento de confinar a caza polo ben común e reservar o espazo para o 99 % da cidadanía”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.