Os socialistas de Antas de Ulla urxen solucións para arranxar a calefacción do colexio “que leva 15 días sen funcionar”

É unha competencia do Concello, polo tanto ten solventar esta situación. Os nenos levan 15 días pasando frío pola desidia do Alcalde”, advirten

Os socialistas de Antas de Ulla denunciaron este venres que os alumnos e alumnas do CEIP da vila levan 15 días sen calefacción nas aulas do centro. “Por iso instamos ao Alcalde a cumprir coas súas obrigas, tal e como marca a normativa, para que coa máxima celeridade posible solvente esta situación. Non podemos consentir que unha avaría no centro educativo tarde máis de 15 dias en arranxarse. Os nenos levan 15 días pasando frío pola desidia do Alcalde”, din.

García Porto avanzou, que rexistrou unha petición no Concello, co fin de que o Alcalde, en atención as súas responsabilidades, realice os traballos necesarios para arranxar esta situación de desatención intolerable. “As familias e os nenos levan 15 días esperando pola incompetencia, a desidia e o abandono do Alcalde de Antas de Ulla, xa que non é capaz de arranxar esta incidencia ”, insistiu.

Normativa

É unha competencia do Concello, tal e como consta na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (Lexislación consolidada), no seu apartado 2 di textualmente; A conservación, mantemento e vixilancia dos edificios destinados a centros públicos de educación infantil, educación primaria ou educación especial, corresponderán ao municipio respectivo.  No mesmo sentido aparece reflectida na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia (lexislación consolidada), que sinala no seu Artigo 80.2.ñ (que fai referencia ás competencias propias dos municipios); Participación na programación docente e cooperación coa Administración educativa na creación, construción e mantemento de centros educativos públicos, intervención nos órganos de xestión dos centros educativos e participación no seguimento do cumprimento da escolarización obrigatorio.

Esforzo da Comunidade educativa e das nais e pais

A Voceira Socialista sinala que o inicio do curso escolar está  sendo complicado pola adaptación da pandemia do COVID. “Por iso dende a Agrupación Socialista queremos resaltar e agradecer o esforzo que están realizando as familias da vila e toda a comunidade educativa de Antas, diante desta situación excepcional”, remarcou.

Así as cousas lembra que segundo a propia normativa COVID “nos centros obrigan a reforzar a ventilación e manter durante máis tempo as aulas abertas, e tamén a manter o distanciamento social nos centros, así como a pasar tempo nos espazos abertos”, argumenta.

“Hai que lembrar que nestas datas a temperatura baixou considerablemente, polo tanto hai máis humidade, por iso é máis necesario o uso dos sistemas de calefacción no centro educativo, sobre todo nas aulas que onde pasan máis tempo parados”, sinalou.

Abrigar máis aos nenos

“Dende a Agrupación Socialista de Antas de Ulla fixémonos eco das denuncias que nos fixeron chegar os pais e nais dos nenos e nenas do colexio, que denunciaron esta situación”. Por mor desta avaría, a dirección do centro enviou un comunicado ás familias para que abrigarán máis aos nenos para asistir ao centro. “Urxe solventar este problema, o Alcalde ten que poñerse a traballar para atopar unha solución. Si é non é capaz de solventar unha avaría na calefacción do centro educativo, pouco máis podemos esperar deste rexedor”, resumiu Porto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.