Os socialistas de Ribadeo demandan ao concello que intensifique a seguridade no centro da vila

Os socialistas de Ribadeo demandan ao Alcalde de Ribadeo que intensifique a seguridade no centro da vila, tralos últimos actos vandálicos ocorridos na Rúa Rosalía de Castro

“Hoxe pola mañá espertámonos coa noticia de que había desperfectos en vehículos da Rúa Rosalía Castro con rodas raxadas, así como pintadas en espazos públicos e desperfectos no mobiliario urbano. Por iso reclamamos que o Concello busque os mecanismos necesarios, en colaboración con outras administracións se fóra preciso, para que se respeten as normas e boa convivencia na nosa vila”.

Dende a Agrupación Socialista de Ribadeo amosan o “rexeitamento a este tipo de actos, e poñemonos a disposición de todos os veciños e veciñas afectados por estes acontecementos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.