Paseo reivindicativo con Xurxo Souto “Por un Labañou Aberto Ao Mar”

Este domingo a Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero ás 12 fará un paseo reivindicativo na propia Agra das Percebeiras (pola parte da avenida de Labañou).

Aproveitaremos que estará Xurxo Souto con nós para escoitar historias do barrio e da cidade.
Con este paseo queremos reinvindicar que é necesario outro tipo de urbanismo, que non son aceptables estas edificabilidades no litoral. Queremos tamén protexer o noso litoral e protexer as vistas da torre de Hércules paralizando o proxecto actual. Tamén queremos poñer de manifesto a falta de espazos verdes na Coruña pedindo o parque das Percebeiras.
Ademáis este  26 de outubro remata o prazo para entregar as alegacións ao documento ambiental estratéxico polo que será o último día para que os veciñso e veciñas asinen as alegacións, que propón a asociación veciñal.
Debido a situación sanitaria actual será indespensable manter 2 metros de distancia de seguridade en todo momento. E ademáis o núemro máximo de persaos que poderán particiapr nesta concentraciónA limitación do aforo serán 50 persoas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.