Rianxo en Común vén de iniciar unha campaña para que se reactive a atención presencial na Atención Primaria. 

O pasado venres estiveron os reesentantes de Rianxo en Común diante do centro de saúde de Rianxo con modelos de reclamación (co texto que segue) a disposición dos veciños e veciñas que quixeran asinar. En menos de duas horas xa asinara un cento de veciños.

Texto da reclamación:

A pandemia do COVID-19 puxo de relevo que precisamos un sistema sanitario público forte, cunha Atención Primaria reforzada como porta de entrada, sen recortes, que permita atender as necesidades da cidadanía e na que o persoal sanitario conte cos recursos adecuados para que as persoas doentes poidan recibir a atención que precisan cada momento.
Á situación de sobrecarga de traballo que padecían os profesionais da Atención Primaria antes da pandemia do coronavirus, engadíuselle a realización de tarefas de diagnóstico, seguimento, illamento, funcións de rastrexo, etc. Unha sobrecarga que está saturando a Atención Primaria e que está poñendo en cuestión a accesibilidade ao sistema sanitario público.
Neste marco, a atención telefónica non se pode converter nunha ferramenta para obstaculizar ese acceso, senón que ten que actuar como un filtro que que ordene a atención presencial, non que a substituía por falta de recursos para darlle cobertura ás demandas da cidadanía.
Solicitamos que se realicen de inmediato todas as acción necesarias para activar a atención presencial en Atención Primaria para cubrir as demandas xeradas pola COVID-19, mais tamén para darlle resposta as demandas de atención do resto de patoloxías e rematar coas listas de espera neste nivel asistencial.
Nos próximos días poñererán máis puntos de sinatura nas diferentes parroquias do municipio, e crearán un formulario electrónico para recoller o apoio daquelas persoas que non se poidan achegar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.