Silvia Penide e Rodrigo Costoya celebrarán os seus premios dende o Hotel Literario Bela Fisterra

A artista Silvia Penide foi unha das gañadoras na gala dos Premios Martín Codax da Música galega celebrada onte no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Na categoría de Canción de Autor(a) logrou o seu segundo premio Melómano na cerimonia que organiza a Asociación Músicas ao Vivo e que chegaba xa á sua sétima edición.

Para conmemorar o premio, tería que celebrarse este sábado en Vigo un concerto na sala El Contrabajo. Debido ao seu peche, Silvia aceptou o convite do Hotel Literario Bela Fisterra para ofrecer dous directos en Instagram ese mesmo día, sábado 24. O primeiro deles, en formato reducido, poderá seguirse no Instagram da cantante ás 14 horas. E o segundo será ás 21:00 dende o sofá da súa habitación no citado hotel.

Rodrigo Costoya e Silvia Penide na Fundación Luís Seoane da Coruña

Ademáis, grazas ao acordo de colaboración entre Bela Fisterra e a axencia de representación Dezdedez, o escritor Rodrigo Costoya tamén realizará unha presentación dende o mesmo espazo. Neste caso será ás 11 da mañá e na charla na súa canle de instagram exporá a teoría que serviu de base para a súá primeira novela Portosanto, sobre a orixe galega de Cristóbal Colón e cal era a sua verdadeira identidade. Neste caso hai celebración doble. Por unha banda o lanzamento da terceira edición en galego de Portosanto e o importante recoñecemento para a sua segunda obra El custodio de los libros. Neste caso levou un dos premios máis prestixiosos en novela histórica. Trátase do IX Premio Novela Histórica Cidade de Úbeda que recibirá na cidade andaluza o día 14 de novembro, aínda que dende o 2 dese mesmo mes estará xa dispoñible a novela, que publica Ediciones Pàmies en toda España e que forma parte da triloxía de luz e tebras.

Os directos de Rodrigo Costoya e Silvia Penide das 11 e 14 horas poderán ser seguidos tamén dende as redes sociais do primeiro hotel literario da Costa da Morte, o Bela Fisterra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.