Susana Seivane presenta hoxe o seu novo álbum ‘Dende o meu balcón’

O disco recolle en 20 temas o repertorio que Susana tocou en cada unha das noites do confinamento e que foron retransmitidas polas redes sociais para todo o mundo. Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas ou Os Morenos de Lavadores son algún dos protagonistas do repertorio recollido. Xa está disponible en todas as redes dixitais. A edición física só se venderá a través da súa páxina web

A riqueza do noso patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición, son o fío conductor de “Dende o meu balcón”, o sexto disco de Susana Seivane que supón o retorno ao sustrato ancestral sobre o que Susana construiu a súa carreira.

Esta volta á orixe xurde a partires dun proceso onde a nosa identidade artellou unha catarse colectiva para miles de persoas no mundo a través da interpretación de Susana dos temas recollidos no disco, durante cada noite do confinamento. Inconscientemente, a procura dos acervos serviu de catalizador da resistencia e precisamente o descubrimento desta condición foi o que levou a Susana a compilar os temas interpretados neste novo traballo discográfico.

Escoita en Spotify o novo album de Susana Seivane

O repertorio de Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas, Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros, Marcos Castro, Pepe Romero, ou Suso Vaamonde, entre outros, forman parte dos 55 temas agrupados en 20 suites para os que Seivane sumou a complexidade de empregar 8 gaitas en diferentes tonalidades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.