Unha xornada científica sobre terapia celular e medicina rexenerativa tratará con distintos expertos os avances deste campo de investigación biomédica

A coordinadora do grupo de investigación Terapia Celular e Medicina Rexenerativa, Silvia María Díaz Prado, organiza o vindeiro xoves, 8 de outubro, unha xornada científica en liña sobre terapia celular e medicina rexenerativa na que diferentes expertos na materia tratarán sobre os avances neste campo concreto da investigación biomédica

O grupo de investigación Terapia Celular e Medicina Rexenerativa forma parte dos equipos investigadores da Agrupación Estratéxica CICA-INIBIC, a agrupación que formaliza a colaboración entre a investigación desenvolvida na Universidade da Coruña e no sistema hospitalario do SERGAS.

A xornada deste xoves comezará ás 9:15 horas coa presentación a cargo do vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, o director científico do CICA, Jaime Rodríguez González, o director científico do INIBIC, Francisco Javier Blanco García, e a organizadora e profesora da Facultade de Ciencias da Saúde, Silvia María Díaz Prado.

Programa:

9:30.-Terapias Avanzadas en Oftalmoloxía. Álvaro Meana Infiesta. Fundación de Investigación Oftalmolóxica. Instituto Universitario Fernández-Vega. Universidad de Oviedo, Asturias

10:15.-Theranostics with magnetic nanostructures. Juan Gallo. Nanomedicine Unit/Advanced (Magnetic). Theranostic Nanostructures Lab. International Iberian Nanotechnology (INL) Laboratory. Braga, Portugal.

11:00.-Terapia xénica en enfermidades raras, enfoque nas enfermidades lisosomais de depósito. Saida Ortolano. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Pontevedra, España.

11:45.-Regulación inmunoneuroendocrina como mecanismo de efectividade nos beneficios de estratexias para patoloxías inflamatorias: experiencias en Balneoterapia. Eduardo Ortega Rincón. Grupo de Investigación en Inmunofisiología: estrés, exercicio, envellecemento e saúde. Universidad de Extremadura. Extremadura, España.

12:30.-Lipodómica mitocondrial en envellecementos e o seu papel na autofaxia. José Antonio Rodríguez Navarro. Instituto Ramón y Cajal de Investigaciones Sanitarias. Hospital Ramón y Cajal. Madrid, España.

13:15.-Terapia CAR-T, un futuro moi presente. Víctor Noriega Concepción. Departamento de Hematoloxía. Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. A Coruña, España.

14:00.-Clausura da Xornada Científica. Silvia María Díaz Prado. Grupo de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa. UDC, A Coruña.

A investigación biomédica é un valioso instrumento para mellorar a calidade e a expectativa de vida dos cidadáns. A comprensión dos procesos patolóxicos implica a posibilidade de buscar terapias máis eficaces na curación de enfermidades. O acceso á xornada pode facerse a través da páxina web do CICA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.