Xunta. 32 iniciativas empresariais desenvolvidas por mulleres en Lugo, que supoñen a creación ou mantemento de 46 postos de traballo.

 A Consellería de Emprego e Igualdade vén de resolver a última convocatoria de axudas do Programa Emega, que na provincia suma un investimento de 264.00 euros cofinanciado polo Fondo Social Europeo, a través do programa operativo do FSE Galicia 2014-2020.

O programa consolídase como unha medida para promocionar a participación das mulleres no mercado de traballo e aproveitar o seu potencial para crear novas oportunidades de negocio. A finalidade última é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo.

Este ano, como novidade, reforzáronse as axudas da liña Activa, dirixida á reactivación e a consolidación de empresas a través de incentivos para a renovación, a ampliación ou o cambio de localización cos que paliar unha situación económica adversa, agravada como consecuencia da crise sanitaria da covid-19. Con esta liña específica preténdese garantir a pervivencia das empresas no actual contexto derivado da pandemia. Por iso, flexibilizáronse os criterios de acceso, sen que se requirira que o negocio tivera máis de tres anos, ademais de valorar o emprego mantido neste período.

Esta foi a liña con maior participación orzamentaria na provincia de Lugo. En concreto, distribuíronse 126.000 euros para 11 expedientes de axuda. O segundo recurso máis solicitado foi o de apoio ao emprendemento, para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego feminino estable por conta propia ou allea; en concreto, concedéronse 14 axudas da liña “Emprende”, por importe total de 118.000 euros.

Por último, destináronse 20.000 euros a sete axudas da liña complementaria “Concilia”, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nas súas dúas modalidades: a destinada a promotoras e para persoas traballadoras por conta allea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.