A Comunidade de Montes de Tameiga rexeita a Cidade Deportiva do Celta

Hoxe a veciñanza comuneira de Tameiga está na súas casas respectando as restriccións COVID-19 e non pode achegarse ao acto inagural da cidade deportiva do Celta para defender o seu monte, como os centos de veciños que se mobilizaron o ano pasado cando fixeron o acto da primeira pedra. Pero o seu rexeitamento ao macro proxecto comercial de Mouriño e Arévalo está presente nestas faixas colocadas na entrada das controvertidas instalacións.

Sabemos que este acto dos promotores do pelotazo urbanístico nos montes comunais non inagura nada, as obras están sen rematar e terán que enfrentarse ás múltiples denuncias que poñen en tela de xuizo a súa legalidade. Este acto é so unha escenificación máis para presentar o seu delirio como un feito consumado e que a veciñanza se dea por vencida e renuncie a defender o ben común.

Tameiga non ten nada en contra de dous campos de fútbol, sempre que cumplan a legalidade, pero sabemos que esto é un cabalo de Troia para logo expropiar e recalificar o resto do monte. Non esquezamos que o seu despropósito ambiental é urbanístico abrangue un millón de m2 de solo rústico de especial protección.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.