A Deputación apoia a programación cultural e de divulgación do coñecemento científico da Universidade da Coruña

Hoxe firmouse un convenio por valor de 70.000 euros para financiar os obradoiros, exposicións, ciclos, festivais ou roteiros da institución académica

A Deputación da Coruña apoia con 70.000 euros á Universidade da Coruña (UDC) para o financiamento da programación cultural e de divulgación do coñecemento científico durante o ano 2020.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas entidades acompañados do deputado de Cultura, Xurxo Couto.

A Deputación apoia así a programación cultural e de divulgación do coñecemento científico con 70.00 euros, un 80% do orzamento total que a UDC dispón para este fin, que ascende a 87.500 euros, e que incluíu ao longo do presente ano obradoiros, xornadas e exposicións divulgativas como a ‘First Lego League 2020’, o ‘Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia’, o programa de divulgación en liña, os ‘Premios Isabel Zendal’. Este acordo de colaboración tamén serve para financiar outro tipo de actividades como obradoiros creativos, residencias artísticas, danza e teatro, o coro da UDC, roteiros, a Biblioteca Virtual Galega…

González Formoso destacou que “é importante apoiar as iniciativas culturais e innovadoras que se fan desde a comunidade universitaria e que, curso tras curso, están a ter unha moi boa acollida por parte de estudantado e do profesorado».

Pola súa banda, Abalde subliñou a importancia deste convenio que “vai permitir manter actividades culturais transversais para a toda a comunidade universitaria nuns tempos complicados, nos que a cultura se revelou fundamental”.

A colaboración da Deputación permite tamén realizar ciclos de cinema, de música, exposicións, ‘Charlas Mumes’ ou o apoio á Sociedade Filarmónica Ferrolana para a promoción da cultura musical entre o alumnado da UDC do Campus de Ferrol.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.