A Deputación apoia a programación lírica de Amigos da Ópera da Coruña

Hoxe firmouse un convenio por valor de 67.500 euros para financiar as óperas, recitais, concertos, cursos ou actividades paralelas que desenvolve a asociación

A Deputación da Coruña apoia con 67.500 euros á asociación Amigos da Ópera para o financiamento da programación lírica da Coruña.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a presidenta de Amigos da Ópera, Natalia Lamas, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas entidades, nun acto ao que tamén aisitiu o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

A Deputación apoia así a programación lírica con 67.500 euros, un 12,3% do orzamento total do ciclo, que ascende a máis de medio millón de euros e que inclúe concertos e recitais de grandes figuras como Mariella Devia, así como as óperas ‘La verbena de la paloma’, de Tomas Bretón, ou ‘Vendado é amor, non é cego’, de José de Nebra.

A Deputación destaca a longa tradición operística da cidade da Coruña cunha asociación como Amigos da Ópera que é decana entre as agrupacións españolas e lembra que durante o confinamento ofreceron de xeito gratuíto boa parte do seu catálogo de gravacións e tamén recitais e concertos a través da súa canle de Youtube.

A colaboración da Deputación permite tamén realizar ciclos para a promoción de novos talentos galegos da lírica, cursos de interpretación vocal ou actividades paralelas coma conferencias, exposicións e ciclos de cinema.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.