A Fundación Ingada e a UDC promoven unha campaña de recollida de alimentos nos campus da Coruña e de Ferrol do 30 de novembro ao 18 de decembro

A Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) e a Universidade da Coruña, a través da UDC Saudable e mais da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), promoven unha campaña de recollida de alimentos nos campus da Coruña e de Ferrol do 30 de novembro ao 18 de decembro a beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas

O Centro Universitario de Riazor (CUR) e a sede da Fundación Ingada, situada na rúa Benito Blanco Rajoy, serán os dous espazos habilitados para a recollida de alimentos na cidade da Coruña. As persoas interesadas en colaborar na campaña poderán achegarse a calquera destes dous puntos de recollida, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas e das 16:00 ás 20:00 horas. Pola súa banda, na cidade de Ferrol, os espazos habilitados para a recollida de alimentos estarán situados no Centro Cultural Universitario e mais no Centro Cívico de Canido. O horario para facer entrega dos alimentos no campus ferrolán será, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, e no centro social, de 11:00 a 13:00 horas.

Nesta campaña solidaria de recollida de alimentos colaboran tamén o Club de la Naturaleza da Coruña, a Asociación Veciñal de Canido e a Sociedade Deportiva Canido de Ferrol.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.