A Marea Cidadá de Noia repartiu tapabocas negros no marco da súa campaña “En Negro”

Tras a negativa do Concello de Noia a sumarse á exitosa campaña “En Negro Contra a Violencia”, á que sí se adheriu os pasados anos, a Marea decide lanzala en solitario

A pandemia da COVID-19 trouxo moitos problemas á poboación, e agravou moitos outros que xa viñan existindo. Un desos problemas agravados foi o da violencia machista, aumentando nun 20% o número de chamadas ao 016 durante as dúas primeiras semanas do confinamento.

Por este motivo, dende a Marea Cidadá de Noia propuxemos de novo a adhesión do Concello de Noia á campaña “En Negro Contra a Violencia”, exitosa campaña impulsada hai 4 anos polo Concello de Santiago e que, dende entón, ven reeditándose e recorrendo o país de punta a punta.

Un dos actos programados para dita campaña pretendía ser o reparto de cubrebocas negros o propio 25N, Día contra a Violencia Machista. Desgraciadamente, e por mor do tempo, este acto tivo que ser adiado.

Porén, este acto realizaríase finalmente onte, domingo día 29 de setembro. O acto, que resultou un auténtico éxito, consistiu no reparto de cubrebocas negros na Rúa do Comercio, ao carón do edificio de Abanca.

«Dende a Marea Cidadá de Noia, continuaremos loitando pola erradicación da violencia machista e por un mundo no que homes e mulleres poidan finalmente vivir en igualdade».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.