A Pontenova entrega 1.800 mascarillas infantís ao ANPA do colexio

O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde entregou hoxe á Presidenta da ANPA do CEIP Plurilingüe da Pontenova, Beatriz Bello Martínez, un total de 1.800 mascarillas infantís para todos os escolares da vila

Campos Conde agradeceu de xeito especial o esforzo que está realizando toda a comunidade educativa da Pontenova nestes tempos tan complicados. “Todo o persoal dos nosos centros educativos, tanto os nosos docentes, alumnas e alumnos e por suposto, as nais e os pais dos nosos nenos, están realizando unha labor exemplar ao longo destas datas. E, todos xuntos, temos que seguir nese camiño. Cumprindo as recomendacións sanitarias e esperando unha pronta solución a esta pandemia do COVID”, dixo o Alcalde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.