A UDC incorpora códigos QR nas aulas de estudo para o rexistro do alumnado coa fin de seguir a trazabilidade no caso de posibles contaxios Covid-19

Desde hoxe, o alumnado da Universidade da Coruña que use as aulas de estudo deberá rexistrarse no posto que ocupe a través dun código QR habilitado para iso, coa fin de poder efectuar a trazabilidade nun posible caso de contaxios por Covid-19
O estudantado deberá rexistrarse ao chegar e ao saír da aula para que quede gravada a hora de acceso e de saída. Para iso, deberá escanear o código QR que atopará en cada posto e que o dirixirá ao formulario de rexistro.
Ademais, debido á actual crise sanitaria provocada pola COVID-19, limitáronse as prazas dispoñibles para cumprir coas normas de distanciamento e o acceso ás aulas de estudo está limitado á comunidade universitaria da UDC e ao alumnado doutras universidades coas que exista convenio.
Prazas dispoñibles:
Xoana Capdevielle (campus de Elviña): 104 prazas
Centro Universitario de Riazor (campus de Riazor): 199 prazas
Espazo de estudo 1: 15 prazas
Espazo de estudo 2: 85 prazas
Espazo de estudo 3: 36 prazas
Espazo de estudo 4: 32 prazas
Espazo de estudo 5: 31 prazas
Edificio de Apoio ao Estudo, (campus de Ferrol): 64 prazas.
A Universidade da Coruña modificará ademais o horario habitual das aulas de estudo na época de exames, desde o 18 de novembro ao 4 de febreiro, sempre supeditado a cambios por motivo da Covid-19.
Horario habitual, condicionado a posibles cambios por motivo da Covid-19:
De luns a venres: das 8:00h ás 21.45h (pechará das 14:30h ás 15:30h para facer unha limpeza extra)
Horario en época de exames, condicionado a posibles cambios por motivo da COVID-19:
Do 18 de novembro ao 4 de febreiro (ambos os dous incluídos):. De luns a venres: das 08:00h ás 22:00h debido ás limitacións da mobilidade en horario nocturno establecidas polo RD 926/2020. Sábados, domingos e festivos: das 9:00h ás 22:00h debido ás limitacións de mobilidade en horario nocturno establecidas polo RD 926/2020. (Pechará das 14:30 ás 15:30h para facer unha limpeza extra).
As aulas de estudo pecharán os días 24, 25 e 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro. O día 5 de xaneiro pechará ás 18:00h.