A UDC presenta este xoves o libro homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

A Universidade da Coruña rende homenaxe a Ricardo Carvalho Calero neste ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas

Mañá xoves, 5 de novembro ás 19:30 horas no Paraninfo da Universidade da Coruña terá lugar a presentación do libro Umha voz na Galiza-Artigos de jornal (1933-1989). Escolma.

O libro, que recolle artigos publicados por Ricardo Carvalho Calero en diversos xornais galegos durante seis décadas, conta cun limiar de Pilar García Negro, Profesora honoraria da UDC, responsable tamén da escolma de textos.

No acto intervirán o reitor da UDC, Julio Abalde, a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte, Cristina López Villar; a directora do Departamento de Letras da UDC, Teresa López Fernández, e a profesora honoraria Pilar García Negro.

A continuación terá lugar unha breve actuación a cargo de 2naFronteira (Carmen Penim e Maurizio Polsinelli), que musicarán versos de Carvalho Calero.

Durante o desenvolvemento do acto seguiranse as normas hixiénicas e sanitarias vixentes na UDC.

Foto: Real Academia Galega

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.