“AENA deberá indemnizar o illamento das vivendas no Temple e Graxal”

“Ante a nula actuación do Concello de Cambre en defensa dos intereses da veciñanza Alternativa dos Veciños asesorará e facilitará a todas as comunidades veciñais do Graxal e O Temple un documento para demandar que o novo plan da pegada sonora contemple indemnizacións para o illamento das vivendas afectadas”

A nova pegada sonora promovida pola Dirección Xeral de Aviación Civil para o aeroporto de Alvedro afecta a todos os núcleos do Graxal e O Temple, “cos consecuentes prexuízos á veciñanza con vivendas na zona afectada” declaran dende a formación.

O prazo de presentación para presentar alegacións remata o vindeiro 28 de decembro. Alternativa dos Veciños atenderá telefonicamente as consultas de toda a veciñanza no teléfono 604.08.07.82 e poñerá a disposición das persoas afectadas o documento para poder facer as alegacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.