Alternativa súmase á denuncia pola falta de pediatras e matronas en Galicia

Alternativa dos Veciños sumouse á iniciativa ‘PediatrasXa MatronasXa’, creada en protesta pola falta de pediatras e matronas en Galicia

“Os devastadores recortes en pediatría e matronería impostos pola Xunta de Galicia están a erosionar o dereito fundamental dos nenos e das embarazadas  a recibir unha sanidade pública e de calidade” declaran dende Alternativa dos Veciños.

Para mañá 20 de novembro, con motivo do Día Universal da Infancia, a plataforma ten convocada unha protesta en liña que consiste na publicación dunha fotografía nas redes sociais en branco e negro cos brazos en cruz ou a imaxe da campaña ás 12:00 horas, empregando os hashtag #pediatrasXa #matronasXa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.