Anulación do Proxecto de Drenaxe Temporal na mina de Touro

Ecoloxistas en Acción solicita a nulidade da resolución do 6/11/2018 da Xefatura territorial da Consellería de economía emprego e industria da Coruña pola que se aproba o proxecto de drenaxe temporal na mina de Touro

A bacía mineira de Touro, unha antiga braña regada por varios cauces como todas as brañas galegas, amosa “incumplimientos en cuanto a las concentraciones de sulfatos, Fe disuelto, Manganeso, Aluminio, Boro, Níquel, Mercurio y Zinc” derivados de anos e anos de explotación mineira e posterior abandono totalmente irresponsable e unha manchea de incumprimentos normativos en canto á restauración. As augas contaminadas procedentes da mina espalláronse polos regos Brandelos, Pucheiras, Felisa, Portapego e Rozas, descarregando polo Lañas e Brandelos ao Ulla. Como consecuencia, “Los arroyos del entorno quedaron desprovistos de los organismos acuáticos naturales (peces, insectos, anfibios,…) y se perdieron las cualidades necesarias para su uso en: cría de peces, baño, riego o potabilización”.

Ecoloxistas en Acción alerta de que a pesar de que a mercantil recoñece todos estos feitos e asume todas as responsabilidades, lonxe de pasarlle algo (o normal sería que a propia Xunta de Galicia lle esixira responsabilidades penais e previa execución da garantía económica, procedera sen demora á restauración subsidiaria dos espazos degradados antes de que os sulfuros chegaran ao río Ulla e aos bancos marisqueiros do litoral), aquí o que parece proxectarse é a creación dunha nova balsa mineira de lamas tóxicas (hiperácedas, metáis pesados).

Ecoloxistas en Acción sinal que segundo o capítulo VIII do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, aprobado por Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, establece nos artigos 118 e 119 que os vertedoiros, os depósitos de residuos, balsas e diques de estériles, calquera que fose a súa procedencia, estableceranse de acordo cun proxecto debidamente aprobado que considere a súa estabilidade temporal e definitiva. Para a elaboración deste proxecto precísase da preceptiva avaliación ambiental favorable e vinculante e da imprescindible participación pública. O que non está a suceder no caso que nos ocupa.

A organización ecoloxita lembra que o procedemento de actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael número 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L, NON CONTA CON AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FAVORABLE. Polo tanto, non existe plan de restauración ambiental algún no que se incardine o “Proxecto de drenaje temporal de la mina de Touro”.

Dado que o proxecto de restauración presentado pola empresa non obtivo unha avaliación de impacto ambiental favorable, Ecoloxistas en Acción resalta que non ten sentido que se aprobe unha “solución temporal”, posto que a condición principal á que se subordina, isto é, a presentación dun proxecto de restauración definitivo, NON EXISTE AO NON RESULTAR AMBIENTALMENTE VIABLE no trámite preceptivo e vinculante de avaliación ambiental. Este xeito de proceder de Augas de Galicia e da Dirección de Minas de Galicia tan curtopracista e á marxe da lei, non soluciona absolutamente a problemática da drenaxe áceda de minas derivadas de anos e anos de irresponsabilidade da xestión mineira de Touro nin do órgano substantivo competente; senón que o que fai, ademais de vulnerar a normativa vixente, e promover unha balsa mineira da Categoría A onde antes non existía. O recheo do oco de Vieiro con augas ácedas de mina, non é nin máis nin menos que crear unha nova balsa mineira de augas tóxicas, que posteriormente se rexistrará no inventario correspondente e co trascurso do prazo consolidarase como unha balsa problemática máis, das que tantas existen en Galicia.

Ecoloxistas en Acción denuncia que esta solución é ilegal. A solución é tan ineficaz que a reixección dos bombeos o que fai é trasladar os problemas de contaminación ao oco de Vieiro e logo á bacía do río Pucheiras, polo que en absoluto se solucionan os problemas de contaminación. Ademais o horizonte temporal de 6,8 meses de duración do bombeo é ilusorio, xa que os cauces que se desvían (ou eliminan) en tal operación chegará un momento, máis cedo que tarde, que dé lugar ao rebordamento da nova balsa de Vieiro, ademais do conseguinte dano ambiental sobre os recursos hídricos da braña na que se realizan as actuacións proxectadas.

Un comentario

  • Ramón Mata Espiñeira

    Cándo por parte da Xunta de Galicia non hai control do que pasou e pasa na Mina de Touro, os «remedios» agora, nin a parches chegan. Ó «propio vividor» da facultade recoñece que a Balsa de O Vieiro verte.
    O sabemos!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.