Aprobada a emenda do BNG para instar ao Ministerio de Xustiza á creación dun xulgado nº 3 en Viveiro

Comezaba a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, a súa intervención lembrando o pleno da Deputación de Lugo que se celebrou o pasado martes 30 de abril de 2020, no que María Loureiro participaba como Deputada na votación e onde se debateu unha moción proposta polo BNG para solicitar ao Ministerio de Xustiza á creación do Xulgado de Primeira instancia e instrucción n° 3 para Viveiro, propoñendo a adopción do seguinte acordo que contou co apoio de todos os grupos menos o do Partido Popular, que se abstivo:

  • Instar ao Ministerio de Xustiza á creación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 en Viveiro coa correspondente dotación orzamentaria.

«Dende o BNG de Viveiro consideramos a creación deste novo xulgado urxente e prioritario polo que ademais de presentar na Deputación a moción anteriormente exposta, o pasado 5 de outubro rexistrábamos no Parlamento Galego unha iniciativa que se debateu o día 4 de novembro para que o Parlamento inste á Xunta de Galiza a Iniciar os trámites, previa dotación orzamentaria, para a creación dun terceiro xulgado no partido xudicial de Viveiro e inste ao Gobierno de España para a súa aprobación, contando co apoio de todos os grupos».

«Tendo en conta a redacción dos acordos desta moción, supoñen un paso atráis con respecto da moción do BNG que mesmo María Loureiro votou a favor na Deputación, pois o principal organismo que ten que dotar de partida orzamentario e realizar os trámites que faltan é o Ministerio de Xustiza, neste momentos liderado polo PSOE, ao que Loureiro simplemente pretende “darlle conta”, como especifica no punto segundo».

«O goberno local do PSOE ten que deixarse de partidismos e loitar polo ben de Viveiro como se merece, e non cun texto que vale máis para saír na prensa que para conseguir que o Ministerio de Xustiza permita dunha vez por todas que Viveiro conte co tan necesario 3º xulgado».

«Polo que desde o BNG de Viveiro propuxemos emendar esta moción para que recollese»:

  • Instar á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Xustiza a realizar cantas accións sexan necesarias en aras a lograr a creación dun 3º xulgado de 1ª Instancia e Instrución no Partido Xudicial de Viveiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.