Avia Veira: “O Goberno local ten que actuar en Labañou cos mesmos criterios que na Ría do Burgo”

O BNG ve ben que se vaia modificar o PXOM para protexer o litoral da Ría do Burgo e pídelle ao Goberno local que faga o propio na beiramar das Percebeiras

A Comisión de Urbanismo reuniuse este luns en María pita para abordar, entre outros asuntos, a suspensión de licenzas no litoral da Ría do Burgo, tema que irá a Pleno o vindeiro xoves.

A concelleira do BNG Avia Veira, responsábel de urbanismo no grupo municipal nacionalista, manifestou o apoio da súa formación a esta suspensión, previa á modificación do PXOM para protexer os terreos costeiros da Ría do Burgo.

No en tanto, a edil considera que os mesmos argumentos que invoca o Goberno Local para protexer o litoral da Ría do Burgo son tamén de aplicación no caso das Percebeiras. “A beiramar haina que protexer na súa integridade, quer na Ría do Burgo quer en Labañou”, di Veira.

“Se o Goberno Local ten un mínimo de coherencia, terá que actuar en Labañou cos mesmos criterios que na Ría do Burgo. Pedímoslle pois que atenda o noso requerimento e que retire o seu proxecto para As Percebeiras”, engadiu.

“O PXOM haino que modificar tamén en Labañou para dar protección a unha das escasas zonas verdes naturais que fican na beiramar. Iso foi o que solicitamos no Pleno de outubro e iso é o que continuamos a demandar”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.