CCOO critica a actitude «obstrucionista» da UGT para actualizar os salarios de 2020 do convenio provincial de limpeza da Coruña

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia afirma que procurará unha solución «urxente» para actualizar os salarios de 2020 do convenio provincial de limpeza da Coruña, sen que iso signifique deixar de lado a negociación íntegra do texto. «Queremos negociar un novo convenio, pero cremos tamén que é necesario atopar unha vía de actualizarmos as remuneracións deste ano», sinala Ricardo Santos, secretario de Acción Sindical da federación.

CCOO, que xunto á CIG conforman a maioría sindical nesta negociación, propúxolle á patronal pactar de entrada só os salarios do ano 2020 «e publicalos no boletín oficial como un acordo da mesa de negociación, e seguir continuar a negociar o resto do convenio».

Inicialmente, a patronal non estaba disposta a negociar os salarios, pero acabou aceptando valorar propostas económicas de incremento, amais de poñer na mesa que á hora de cubrir novas prazas e vacantes se teña en conta o persoal con reducións de xornada totais ou parciais. «Como isto significa garantir o mantemento do emprego, faremos unha proposta neste sentido que será debatida en dúas semanas», apunta Santos.

Críticas á UGT

Por outra parte, a maioría sindical na negociación critica a actitude «obstrucionista» da UGT en todo proceso, organización que está no segundo nivel de representatividade no sector. Repróchanlle terse «desmarcado sen motivo ningún» do documento conxunto en que se pactaba unha actuación unificada na negociación, así como a súa «desaparición» das negociacións: nin denunciou o convenio —só o fixeron CCOO e CIG—, nin presentou ningunha proposta na constitución da mesa de negociación, nin sequera apareceu na última xuntanza, o pasado día 6.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.