Completadas as expropiacións para a construción dunha rotonda no cruce de A Chasqueira, en Iñás

As obras, cun investimento de 643.000 euros, eliminarán o punto negro de seguridade que supón o actual cruce das estradas DP 1707 e a AC-221 pola súa escasa visibilidade e elvado volumen de tráfico

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de pago dos depósitos previos correspondentes ás expropiacións dos terreos necesarios para acometer a construción dunha rotonda, que substituirá  ao perigoso cruce de A Chasqueira (Iñás-Oleiros), onde se produce a intersección  da estrada provincial DP 1707 Oleiros-Pravio e o vial de titularidade autonómica AC-211 San Pedro de Nós-Mabegodo, e que supón un punto negro de tráfico debido á escasa visibilidade da mesma e ao elevado volume de tráfico que rexistra, pois comunica Oleiros, Culleredo, Cambre e Abegondo.

A Deputación da Coruña destina 64.000 euros euros a estas expropiacións, que se suman ao orzamento 579.089 euros para a execuión das obras, co que o investimento total rondará os 643.000 euros.

Os veciños e veciñas propietarios dos terreos están citados o día 27 de novembro, a partir das 16.00 horas, na Casa Charry.

As obras consistirán na construción dunha rotonda que substituirá ao cruce actual e regulará con maior seguridade o tráfico nesta intersección, pola que circulan, segundo os datos do servizo de Vías e Obras da institución provincial, unha media de 3.381 vehículos ao día, dos que un 7% son vehículos pesados.

Os ramais sur e norte da rotonda desembocarán na DP 1707 e os do este e oeste na AC-211 da Xunta de Galicia, conectando as avenidas Salvador Allende e Espoz y Mina a localidade oleirense.

As obras suporán ademáis unha lixeira mellora do trazado da DP 1707, que conta cunha pendente lonxitudinal elevada.

VER BOP

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.