Concerto de As Percebeiras Band este domingo

“Sonche das Percebeiras,

sonche de Labañou,

veño erguelo canto,

en contra da especulación.

Non queremos pelouros,

queremos sentir o sol.

Fóra das Percebeiras,

fóra de Labañou”

De Miguel Ladrón de Guevara nace esta canción, e desta canción nace As Percebeiras Band, así que con Miguel na voz e na guitarra, con Tito Ritman no baixo e na voz, con Pablo Añón no saxo e con Arthur B. Kress na batería estarán este domingo 22 ás 12 e media nas pistas de Labañou, na cancha de baloncesto das Casas do Carme. Tocarán esta canción que están gravando ademais de facer un repertorio ecléptico pasando por latino, rumba, punk ou ska para facernos pasar unha boa mañá de domingo.

A banda das Percebeiras traerannos distintos estilos e convidados como Adhara(Adhara &Ritman), Xurxo Souto e máis sorpresas. Seguro que algún músico máis do barrio cae. Un luxo ter estos músicos no barrio!

Así que se queres vir a escoitar algo de música que tanta falla nos fai nesta época e a erguer o canto en contra da especulación, lembra que o primeiro é o primeiro e que hai que manter a distancia de seguridade e é obrigatorio a máscara. O concerto será sentado igual que están sendo os que organiza o concello cos PRESCO, e o aforo é limitado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.