Continúan as verteduras das drenaxes ácedas en Varilongo

Veciños de Sta. Comba alertan a Ecoloxistas en Acción que o Grupo Mineiro Santa Comba continúa facendo verteduras das drenaxes ácedas para o baleirado de plantas anegadas. Os feitos foron inmediatemente comunicados ao Seprona
Ecoloxistas en Acción denuncia que as augas residuais de mina que están sendo bombeadas levan acumuladas no interior da mina case 30 anos, desde finais dos anos 1980, contendo con toda probabilidade altas concentracións de metais pesados, ao tratarse dunha antiga explotación de minería metálica con importantes cantidades cuxo xacemento contén importantes cantidades de sulfuros (arsenopirita, calcopirita e pirita) xeradores de drenaxes ácedas de mina, susceptibles de produciren importantes impactos sobre o medio ambiente.
A organización ecoloxista galega sinal que os proxectos de explotación e plan de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba nunca foron sometidos a avaliación de impacto ambiental, de modo que a empresa concesionaria non dispón de autorización ambiental para realizar a actividade, e moito menos autorización para o baleirado das plantas inundadas e vertedura sen tratamento de ditas augas ao dominio público hidráulico.