Cs pide que se amplíe “urxentemente” o número de contedores na zona centro de Lugo

O cocelleiro de Cs Juan Vidal-Pardo criticou o deficiente servizo que se ofrece a veciñanza na rúa das Noreas, Porgreso, Xoan Montes e Reiña e instou ao Goberno local a redimensionar os puntos de acopio de lixo na zona urbana do municipio

O concelleiro de Cs en Lugo, Juan Vidal-Pardo, solicitou esta mañá que se amplíe o número de contedores na zona centro xa que os puntos de depósito de lixo son insuficientes na actualidade para dar un servizo adecuado a esta zona. O edil considera que nestes momentos existe un problema de salubridad improtante na rúa Noreas, así como na rúas Progreso, Xoan Montes e Reiña. “Levamos semanas facéndonos eco das queixas vecinais e tarsladándolle ao Goberno local a necesidade de dimensionar adecuadamente o servizo sen obter unha resposta. É obvio que a falta de contedores esta xerando probelmas de salubridad inasumibles neste espazo e os veciños sofren episoidos de malos cheiros de forma continuada. É necesario que se tomen medidas de forma urxente”, sostivo o edil da formación laranxa.

Vidal-Pardo denunciou que a falta de contedores nestas rúas obriga a que moitos veciños depositen os seus residuos na beirarrúa, o que esperta queixas entre os residentes e transeúntes e asegurou que este problema faise extensible a outros moitos puntos de provisión esparcidos por toda a zona urbana do municipio. “O Goberno debe recoñecer que o servizo de recollida de lixo é na actualidade moi deficiente na nosa cidade. Non se trata só a un problema concreto ao que non se soubo dar resposta en tempo e forma por parte do Goberno local, como sucede na zona peatonal ou sucedeu durante lso pasados meses en Quiroga Ballesteros, trátase dun problema de fondo moito máis preocupante como é que o servizo estase realizando en precario e mal dimensionado desde 31 de marzo de 2017 cando caducou o último contrato”, denunciou Vidal-Pardo.

O maior contrato municipal, caducado desde 2017

“Trátase do contrato de maior importe de todos cantos ten o Concello, supón un custo para as arcas públicas de 7,2 millóns de euros anuais. Non podemos continuar cun servizo caducado desde fai case tres anos”, sinalou o edil, quen instó ao Goberno local a sacar urgentemente a contratación do servizo de recolleita de lixo. “O servizo de recolleita de lixo non se adapta á realidade do noso municipio en pleno século XXI. Trátase dun servizo adaptado á realidade de 1996, cando se rubricou o contrato con Urbaser. O Concello debe actuar coa máxima urxencia neste tema”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.