Deputación A Coruña abre o prazo de presentación de candidaturas á IV edición dos Premios PEL

Esta edición conta con 5 categorías, unha delas destinada a premiar ás iniciativas innovadoras na loita contra a COVID-19

A área de Emprego da Deputación da Coruña vén de abrir a presentación de candidaturas á cuarta edición dos Premios PEL, que poderán rexistrarse ata o 8 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas.

Este ano, debido a excepcionalidade da situación que estamos a vivir, a Deputación dedicará unha das categorías do premio a recoñecer a aquelas iniciativas innovadoras que, impulsadas tanto por empresas como por concellos, contribúan á loita contra a COVID-19. Deste xeito, ás cinco categorías que conforman esta nova edición son:

1ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial nova, destinado a autónomos/as e empresas da provincia constituídas nas anualidades 2019 ou 2020.

2ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada, para autónomos/as e  empresas da provincia constituídas en 2015 ou con anterioridade.

3ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19, para autónomos/as, empresas e concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que a través da súa actividade innovadora axudasen a frear a expansión da COVID-19, investigaran unha posible cura e/ou contribuísen dalgún xeito a paliar os efectos negativos derivados da pandemia

4ª CATEGORÍA: Premio ao concello promotor do emprego de calidade, destinado aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia

5ª CATEGORÍA: Premio á mellor asociación empresarial, para asociacións, agrupacións e federacións de empresarios e empresarias da provincia

A Deputación destinará un total de 75.000 euros aos premios, 15.000 € en cada unha das categorías.

Débese ter en conta que non se admitirá máis dunha candidatura por entidade e categoría, coa única excepción de que os concellos poderán presentar candidaturas á terceira e cuarta categorías.

A participación realizarase mediante o envío da documentación requirida nas bases de xeito telemático, a través da plataforma SUBTeL.

Cada entidade candidata presentará unha memoria de candidatura, que deberá respectar a estrutura indicada nos criterios de valoración (base 8) relativos á categoría que se presenta e non poderán exceder das 7 páxinas. Na memoria deberá incluírse, con carácter obrigatorio, o enlace a un vídeo de candidatura, aloxado en calquera plataforma dixital de reprodución de vídeo ou na propia web corporativa, gravado en formato horizontal, cunha resolución mínima de 1080 píxeles e de duración non superior a 3 minutos.

Pode consultar as bases reguladoras e a convocatoria na páxina web do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.