Deputación de Lugo colabora coa Asociación Ayuda Alimentaria Animalista para o aluguer do local onde almacenan a comida

A Deputación de Lugo colabora coa Asociación Ayuda Alimentaria Animalista a través dunha achega de 4.000€, grazas á que o colectivo pode dispoñer dun local onde almacenar alimentos para os animais que o necesitan. O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, asinou coa presidenta da asociación, Noelia Vanesa Rodríguez Rocha, o convenio que materializa esta axuda

Actualmente, a Asociación Ayuda Alimentaria Animalista encárgase da acollida e coidado de animais, así como de ofrecer un banco de alimentos para familias en risco de exclusión social con mascotas. Concretamente, o colectivo colabora con máis de 130 familias de toda a provincia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.