Desminten a un enxeñeiro contratado pola mineira de Touro que afirmaba que «a restauración dos ríos só se levaría a cabo de aprobarse un novo proxecto»

Ricardo Juncosa foi contratado pola mineira de Touro para elaborar informes favorables ao novo proxecto mineiro, o cal obtivo unha declaración de impacto ambiental negativa pola súa insostibilidade e por afectar gravemente aos recursos hídricos da zona

O colectivo Cornado Mina Non denuncia que o enxeñeiro deixou caer nos medios de comunicación que as medidas correctoras dos ríos, contaminados pola propia mineira, dependían da aprobación dun novo proxecto. En Xaneiro do 2020 en sede parlamentaria o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, logo de darlle carpetazo ao proxecto mineiro fixo pública a obrigación da empresa concesionaria dos terreos (Explotaciones Gallegas S.L) de presentar un novo plan de restauración que “salvagarde o estado ecolóxico dos arroyos que conflúen no río Ulla”. Os veciños consideran grave que un profesor que traballa nunha universidade pública se preste a intereses empresariais mediante informacións propias das “fake news” e sen relación algunha coa obxectividade e o carácter científico que se lle deberían presupoñer polo cargo que ostenta.

Dende o colectivo veciñal afirman que a empresa mineira logo de ver denegado o seu proxecto por cuestións técnicas comezou unha campaña de comunicación que intenta suplir a inviabilidade do proxecto e a falta de aprobación social con “propaganda barata e falsidades como esta en medios de comunicación afíns”. Consideran que están sendo tratados dun xeito paternalista e pouco respectuoso por xornalistas próximos á mineira que escriben artigos repetindo dun xeito continuo os mesmos mantras: sostibilidade, respecto ambiental e progreso. A pesares de que os propios técnicos insisten en que o proxecto carece de total viabilidade, estes “magos da falacia” intentan transmitir unha serie de ideas que menosprecian a identidade e a forma de vida dos habitantes afectados e impoñer un determinado xeito de entender o progreso que prioriza o beneficio empresarial e somete o presente e futuro dunha comunidade local con potencial de sobra para conseguir proxectos que xeren empregos, respecten o medio e teñan como principal beneficiados aos veciños e non aos inversores dunha empresa que pretende transformar o mineral fóra (e polo tanto boa parte do valor engadido) e deixar unha desfeita ambiental de incalculables dimensións. Só deste xeito se pode entender que no debate sobre o futuro do municipio non estén encima da mesa cuestións como; a reconversión e restauración íntegra do espazo mineiro xerando postos de emprego; a agricultura ecolóxica e as plataformas de comercialización directa; o potencial turístico do Ulla ou outras propostas empresariais que conten con aceptación social. A cuestión é que tanto á empresa mineira como ao obediente goberno local só lle interesa unha única saída, a mesma que fixo que na actualidade Touro sufra uns niveis de contaminación ambiental inasumibles e unha parálise absoluta cara outros modelos de desenvolvementos maís aceptados socialmente.

3 comentarios

  • Ramón Mata Espiñeira

    En Touro sabemos cales son os responsábeis do estado dos nosos ríos.
    1° EXGA
    2° alcalde Codesido
    3° Xunta de Galicia
    Querer desviar a atención é disbirtuar a realidade

  • jose manuel fernandez vazquez

    Don Ricardo Juncosa explicaba nunha entrevista na COZ DE GALICIA que a contaminación da Ría de Arousa dábase por culpa das bateas e dos mexilóns. UN CRANEO PRIVILEXIADO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.