Dumbría, de fronte contra as violencias sexistas

O 25 de novembro é unha data para reivindicar e recordar, sobre todo, porque  no 2020 cúmprense 60 anos do asasinato das irmás Mirabal

Os resultados da Macroenquisa de Violencia contra a Muller 2019 son abafantes, e constatan que a metade da poboación feminina maior de 16 anos ten sufrido violencia machista en algún momento da súa vida.

Neste senso, é preciso seguir avanzando cara á igualdade, deconstruíndo os modelos tradicionais de masculinidade e feminidade para poñer fin á violencia sexista.

En resposta a esta realidade, no CONCELLO DE DUMBRÍA MANIFESTAMOS o noso firme rexeitamento á violencia sexista en todas as súas dimensións (física, psicolóxica, sexual, simbólica, vicaria….) e reafirmamos a nosa determinación no impulso das políticas para a igualdade de homes e mulleres, polo que, nos comprometemos a seguir traballando para materializar a transformación social necesaria e urxente cara a unha sociedade igualitaria.

VER PROGRAMA ACTIVIDADES 25N

Por iso, facemos un chamamento a seguir traballando conxunta e coordinadamente coa implicación de toda a cidadanía para erradicar as violencias machistas e destacar a valentía, coraxe e forza das mulleres que superaron esta situación; para lembrar as que foron asasinadas , e para dar esperanza ás que aínda viven esta terrible situación, que se viu agravada aínda máis coa pandemia.

Este ano, tendo en conta o contexto da COVID19 no que nos atopamos, e ante a imposibilidade de realizar aglomeracións como en anos anteriores, convidamos a veciñanza a UN MINUTO DE SILENCIO, o mércores 25 de novembro ás 12.00 horas , para visibilizar publicamente o compromiso do Concello de Dumbría e de todos os veciños e veciñas na loita contra a violencia machista.

FAGÁMOLO POSIBLE entre todas e todos, mulleres e homes, para un futuro sen desigualdades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.