Elena Candia reúnese con enxeñeiros da ASIOMER para desenvolver e impulsar o sector primario galego

A voceira da Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes do Parlamento galego, Elena Candia, participou nunha reunión por videoconferencia con representantes da Asociación de Enxeñeiros para a Ordenación do Medio Rural (ASIOMER) para valorar iniciativas e propostas a desenvolver neste ámbito.

Unha das achegas que recibiu a voceira de medio rural no Parlamento por parte do colectivo é a de desenvolver futuros instrumentos normativos para o impulso do sector primario. Concretamente, propoñen unha lei para desenvolver zonas dunha superficie non moi grande, pero cun fin produtivo e empresarial intenso que permita poñer en valor algunhas partes do noso territorio.

A posta en valor do terreo atraería posibles inversores para producións específicas en determinadas zonas e tamén facilitaría o incremento da superficie produtiva para aquelas explotacións que a demanden. “Trátase dunha proposta que contribuiría ao asentamento da poboación no rural”, segundo sinala Candia.

Estratexia do sector lácteo e lei de mobilidade de terras

Recentemente, o Goberno galego fixo pública a Estratexia de dinamización do sector lácteo galego 2020-2025, unha folla de ruta que recolle 125 accións coa finalidade de fomentar unha industria máis innovadora e competitiva, ampliar a súa pegada internacional e potenciar a transformación do noso leite ata acadar o 75 % do leite que se produce en Galicia.

Así mesmo, a popular sinalou que “se está a traballar na lei de mobilidade de terras”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.