Entregados os premios das Catas de Galicia correspondentes á denominación de orixe Valdeorras

Este ano participaron un total de 48 mostras pertencentes a 18 adegas inscritas a este selo de calidade

Representantes da Consellería do Medio Rural desprazáronse esta tarde á sede da Denominación de Orixe Valdeorras para facer entrega dos premios das Catas de Galicia relativas a este selo de calidade. Detallamos a continuación os gañadores:

D.O. VALDEORRAS
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO
Viños brancos
O LUAR DO SIL – PAGO DE LOS CAPELLANES, S.A.
1º POSTO E ACIO DE OURO
Viños tintos
ALAN DE VAL. ALAN, S.A.T.

Así, cabe sinalar que nas Catas de Galicia deste ano participaron un total de 348 mostras, 125 de tintos e 223 brancos, pertencentes a 143 adegas. No tocante á denominación de orixe Valdeorras, participaron 48 mostras pertencentes a 18 adegas.

Ademais, esta tarde tamén se entregarán os premios das DO Ribeira Sacra, mentres que o luns farase a entrega de acios á última denominación de orixe vitivinícola, a das Rías Baixas. Xa para rematar, o xoves 19 de novembro desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto da nosa comunidade neste ano 2020, ao tempo que se entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.