Esixen á Alcaldesa de Mos que pida desculpas públicas “polas súas mentiras”

As Comunidades de Traídas de Augas afectadas polo Macro Proxecto Comercial e a Comunidade de Montes de Tameiga, que representan a máis de 2.000 familias en Mos, esixen a Nidia Arévalo que “pida desculpas polas súas mentiras, por todas as falsas acusación vertidas contra eles pola dirixente do Partido Popular”

“Unha e outra vez a Xustiza archiva as denuncias de Nidia Arévalo deixando claro que son mentiras. A alcaldesa de Mos e principal impulsora da operación urbanística nos montes comunais de Mos é de novo contradita pola Xustiza. Pero ela continúa coa súa campaña de acoso aos veciños de Mos e xa anunciou que seguira pleiteando contra a veciñanza. Ela continúa malgastando o diñeiro público en poñer denuncias a todo aquel que alza a voz contra o seu  macro proxecto” aseguran dende a Comunidade de Montes de Tameiga .

Con esta suman xa tres veces, a xustiza sobreseiu as súas denuncias contra os veciños que protestaron no multiusos das Pozas, as súas acusacións contra a veciñanza que tiña pancartas nas súas casas “e agora volve desmontar toda esta artimaña electoral baseada nunhas graves acusacións contra diversos integrantes das directivas das Comunidades de Traídas de Augas, da Comunidade de Montes de Tameiga e contra o resto das forzas políticas que concurrian ás pasadas eleccións municipais”.

“Pode seguir representando a Mos unha persoa que gañou unhas eleccións a base de  mentiras, inventándose unha estafa para descalificar aos demais partidos? Cantos votos manchados de mentiras houbo nas pasadas eleccións? Estas preguntas non van cambiar o pasado, pero si poden axudar a previr que non volva a suceder algo parecido no futuro” denuncian dende a asociación.

Foto: Comunidad de Montes de Tameiga

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.