Esquerda Unida apoia as protestas no Guerguerat en solidariedade co pobo saharaui

“Esquerda Unida leal ao seu compromiso coa loita do pobo saharauí pola súa liberdade e independencia, vén de aprobar unha resolución de apoio ás protestas cívicas que durante as últimas semanas cidadáns saharauís están a levar a cabo no paso do Guerguerat, a fronteira terrestre do Sáhara Occidental con Mauritania, ilegalmente empregada por Marrocos”

Esta zona é de elevada relevancia desde o punto económico, xa que Marrocos emprega o paso por esta fronteira para levar ao resto de África milleiros de produtos, incluídos aqueles espoliados nos territorios saharauís. Ademais, os peche e restricións noutras vías de transporte por mor da Covid-19, están facendo que se incremente o tránsito e o uso ilegal por parte de Marrocos deste paso.

Esquerda Unida advirte dos riscos para “a integridade das persoas manifestantes que se poden producir se Marrocos incumpre unha vez máis o alto ao fogo con accións ofensivas do seu exército, despregado fronte ás activistas”.

Toca unha vez máis denunciar o abandono dunha pobo que leva 45 anos agardando que a Comunidade Internacional actúe para poñer fin a unha ocupación ilegal que lles impide vivir de xeito independente no seu territorio” declaran dende a formación.

Esquerda Unida manifesta o seu apoio ás protestas e chama a reclamar por parte de todas as administracións públicas de Galicia e do conxunto do Estado “o cumprimento urxente do mandato das Nacións Unidas a través da MINURSO de levar a cabo o referendo de independencia do Sáhara Occidental”.

Foto: Wikipedia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.