EU denuncia ante o Defensor del Pueblo a situación na que se atopa a Residencia de Salvaterra

Hoxe a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla trasladou en rolda de prensa a denuncia que a organización vén de presentar ante o Defensor del Pueblo ante a situación insoportable que se está a vivir nas residencias de maiores privadas, en concreto a denuncia fai referencia á residencia de Salvaterra

Solla tivo palabras para as sanitarias e sanitarios que están a traballar con escasez de medios humanos e materias nunha situación excepcional de pandemia e que deriva hoxe mesmo na folga convocada polos traballadores da UCI de Compostela. Tamén o apoio ás traballadoras de Ferrol ante o recente aumento de contaxios que están a aparecer no complexo hospitalario.

A preocuación do avance da Covid nas residencias privadas de maiores do país é unha evidencia de que a Xunta de Galicia non está a actuar coa responsabilidade que debera. A experiencia do mes de marzo non modificou o xeito de actuar tardío da Xunta ante a atención a persoas dependente e especialmente vulnerables como son os nosos maiores.

“Oito meses despois, as residencias de maiores afrontan a covid con carencia de recursos humanos e materiasi.O avance nos contaxios da residencia de Mos conta xa con 145 infectados entre o persoal e as usuarias e usuarios da mesma, poñen en evidencia que a xestión privada destes centros non debera continuar a darse” di Eva Solla.

As recentes  declaracións de Josefina Fernández conselleira delegada de Domus VI, na Comisión de Reparación do Parlamento de Galicia foron “ademais de  desafortundas, irrespetuosas” manifesta Solla, “para coas familias das persoas falecidas”. A contínua situación de falta de medios humanos e materiais nestas residencias privadas obriga a dotalas de persoal público por parte da Xunta, ante isto, a Xunta debera tomar medidas para que os coidados volvan a estar baixo xestión pública.

Denuncia da Residencia de Salvaterra

A falta de persoal na residencia de Salvaterra, segundo apuntou o sindicato CIG, no 2017 xa se vén denunciando por parte das traballadoras que posteriormente foron despedidas.

Esquerda Unida dando continuidade á denuncia presentada no Parlamento Europeo que está en fase de investigación sobre a actuación nas residencias durante a Covid, ao 

A situación nas residencias coa restricción de visitas motivada pola situación da covid, incrementa aínda máis a vulnerabilidade das persoas residentes nestes centros. A privación de acceso a obxectos persoais ou peche con chave nos cuartos

Esquerda Unida traslada esta denunucia ao Defensor del Pueblo xa que este alberga o mecanismo de prevención da tortura. Esta institución  xa redactou algún informe referente á situación no psiquiátrico de Conxo.

Esquerda Unida considera que na Residencia de Salvaterra “se están a vulnerar dereitos fundamentais dos residentes, como é o dereito á integridade física e moral e o dereito á non discrimación que se aplica a persoas que teñen restrinxida a súa mobilidade”.

“Nesta residencia se está a dar un trato degradante, polo que o poñemos en coñecemento do Defensor del Pueblo para que teña constancia e valore a situación” conclúe Eva Solla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.