EU esíxelle ao Concello de Lugo o peche dos locais e clubes de alterne

“Este 25 de novembro conmemórase o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, e dende Esquerda Unida Lugo queremos pedirlle ao Concello de Lugo o peche dos locais e clubes de alterne, como unha forma de loitar para erradicar esta outra forma de violencia contra a muller” declaran dende a formación

“Porque Lugo é unha cidade libre de trata, porque é precisa unha revisión e control do correcto uso das licencias destes locais, porque vivimos nunha situación de emerxencia sanitaria por mor da Covid 19 e a prostitución é unha forma de desigualdade e de violencia contra a muller”:

En base a todo isto, considerando que:

  • A prostitución, a prostitución forzada e a explotación sexual son unha forma de violencia de xénero, que constitúen violacións da dignidade humana contrarias aos principios dos dereitos humanos.
  • Lugo está adherida á rede de cidades libres de tráfico de mulleres, nenas e nonos destinados á prostitución, por acordo plenario de 25 de febreiro de 2016, trala moción presentada por ACE-EU.
  • A situación de emerxencia sanitaria provocada pola pandemia da Covid 19, que coloca nunha situación de especial vulnerabilidade, expostas á infeccións e contaxios ás mulleres prostituídas, e co risco da propagación de gromos pola nosa cidade e contorna.
  • Recentemente Esquerda Unida presentou xa unha demanda perante a Xunta de Galicia para o peche dos locais de alterne dada a situación sanitaria da Covid 19, sen obter aínda unha resposta afirmativa.
  • Recentemente, comunidades como a de Castela A Mancha, aprobaron o peche destes establecementos para evitar a propagación do virus.
  • Constan recentes actuacións que xa tiveron lugar noutros Concellos da nosa mesma provincia de Lugo, da revisión de licencias destes locais chegando a pechar algún deles por non exercer a actividade para a que tiñen concedida.
  • Parece evidente que nos últimos tempos, hai unha especial sensibilidade entre múltiples colectivos sociais, políticos e diferentes administracións sobre a necesidade de peche dos locais onde se exerce a prostitución, que ven de moitos anos de traballo e loita feminista en prol dos dereitos das mulleres prostituídas a outro medio de vida alternativo, que garanta o respecto aos dereitos humanos, que estoupou nos últimos meses, cecais en parte debido á situación de maior vulnerabilidade e risco sanitario tralo estalido da pandemia da Covid 19.

“Por todo isto, instamos ao Concello de Lugo a proceder á revisión das licencias dos clubes de alterne e, ademais, considerando a actual situación sanitaria, e para facer efectivo que Lugo é unha cidade libre de trata e sen prostitución non hai trata, loitando deste xeito contra a desigualdade e violencia de xénero, instamos tamén ao Concello de Lugo a proceder ao inmediato peche dos clubes e locais de alterne do Concello de Lugo” piden dende Esquerda Unida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.