Europe Direct A Coruña organiza “Europa sen fronteiras: Encontro virtual Erasmus Galicia-Norte de Portugal” o vindeiro 3 de decembro

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organiza “Europa sen fronteiras: Encontro virtual Erasmus Galicia-Norte de Portugal”, un encontro en liña dirixido a conectar estudantado universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que dará a coñecer á mocidade o papel da cooperación transfronteiriza nesta zona

Será o vindeiro 3 de decembro, e contará coa participación de Teresa Frontán, responsable do departamento de comunicación da Representación da Comisión Europea en España, e Nerea Pérez Adriano, técnica de proxectos europeos da Eurocidade Chaves-Verín, AECT. O encontro finalizará con experiencias de mozos e mozas galegos e portugueses e un foro debate.

A xornada está dirixida a estudantado universitario vencellado á Universidade de Santiago de Compostela (Galicia) e á Universidade de Minho (Norte de Portugal), e contará coa colaboración das seccións ESN (European Student Network) destas Universidades.

Para a inscrición ou información complementaria, contacte en europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Máis información dispoñible en www.dacoruna.gal/europedirect.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.