Europe Direct A Coruña organiza un Webinar sobre o Plan de Recuperación para Europa o vindeiro 18 de novembro

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organiza un Webinar sobre o Plan de Recuperación para Europa. Este Plan, proposto pola Comisión Europea e baseado no aproveitamento do pleno potencial do orzamento da UE, ten o obxectivo de contribuir á reparación dos danos económicos e sociais provocados pola pandemia de coronavirus, iniciar a recuperación europea e crear e preservar emprego

O Webinar terá lugar o vindeiro 18 de novembro, e contará coa participación de Francisco Fonseca,  director da Representación da Comisión Europea en España. O Webinar está organizado conxuntamente por Europe Direct A Coruña, Europe Direct Albacete, Europe Direct Extremadura e Europe Direct Castellón.

Está dirixido a decisores/as políticos/as, técnicos/as, funcionarios/as e, en xeral, persoal ao servizo das entidades locais da provincia da Coruña. Poderán participar tamén representantes dos concellos, representantes de asociacións e outros actores locais beneficiarios de fondos europeos. Ademais, está aberto a toda persoa interesada na temática que trata.

Para a inscrición ou información complementaria, contacte en europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Máis información dispoñible

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.