Gómez Reino: “O saneamento da ría do Burgo é unha demanda histórica de pescadores e mariscadoras”

O deputado de Unidas Podemos pídelle ás administracións que artellen mecanismos de compensación mentres duren os traballos de dragado da ría

O deputado de Unidas Podemos pola provincia da Coruña e voceiro de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez Reino, mantivo esta mañá unha xuntanza coa Confraría de Pescadores da ría do Burgo, na que falaron sobre a futura rexeneración da ría do Burgo, unha actuación moi esperada tras moitos anos demandándoa ao goberno do Estado.

Antón Gómez Reino lembrou que “o proxecto de Presupuestos Generales del Estado, en proceso de tramitación, contemplan 20 millóns de euros para o saneamento da ría, “unha reivindicación histórica da cidade da Coruña e tamén do colectivo de pescadores e mariscadoras a pé que permitirá a consolidación dos postos de traballo”, lembrou Gómez Reino.

A Confraría de Pescadores e Mariscadoras a pé da ría do Burgo tamén lle trasladou ao deputado as problemáticas do sector, e lamentaron a ausencia de apoio por parte da Consellería do Mar e da Xunta de Galicia ás que lle piden unha maior implicación.

O deputado trasladará ao conxunto de administracións a necesidade de que artellen mecanismos de compensación para pescadores e mariscadores mentres duren os traballos de saneamento da ría.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.