I Certame de relatos breves ‘A Erbeda’ da A.V. “Os nosos lares” de Palavea

A Asociación de veciños “Os nosos lares” de Palavea convoca o primeiro certame de relatos breves “A Erbeda”

Estes premios xorden co obxecto de fomentar o interese pola creación literaria e a lectura, tanto en adultos coma nun público infantil e xuvenil, recuperando, asemade, a conexión entre o barrio e o topónimo literario creado por Emilia Pardo Bazán para referirse a Palavea na súa novela “La Piedra Angular”. É este nome, ​A Erbeda, é o que designa un certame que, conectando coa traxectoria da escritora coruñesa, se centra nun
xénero concreto da súa obra: o relato breve.

Desta forma, esta proposta de certame quere ser un humilde estímulo á creatividade literaria, á lectura e á cultura do libro e a literatura. Ao mesmo tempo é un recoñecemento da dimensión literaria do barrio, que serve tamén como unha posta en valor cultural do mesmo, tanto polos veciños como para o resto dos coruñeses.

O logotipo do certame, creado polo promotor do certame e vicepresidente da A.V., é unha flor de chuchamel (madreselva en castelán) -como as presentes na residencia localizada na Erbeda no relato mencionado-, adaptada da colección botánica do Meise Botanic Garden (Bélgica), xunto a unha composición inventada a partir da caligrafía de Pardo Bazán creando o termo (“Erbeda”) a través de diversos manuscritos da autora.

Nesta primeira edición a temática será libre. Os textos serán relatos breves escritos en galego (máximo 1.000 palabras incluindo título) poidendo presentar cada participante,  como máximo, ata tres relatos diferentes. Existirán dúas categorías (para menores de 14 anos e outra a partir dos 15 anos), ambas están dotadas cun premio dun lote de libros por valor de 120 euros, na primeira categoría (categoría A) por parte da libraría ​Moito Conto e, na categoría B, por parte da libraría ​Xiada. Ambos premios estarán completados cunha escolma de publicacións da Real Academia Galega. O prazo para presentación das obras comeza o día 23 de novembro e finaliza o 23 de decembro.

O premio está organizado pola Asociación de veciños a iniciativa do seu vicepresidente, Álvaro B. Pérez Sancho, e da directiva actual, e conta coa colaboración do propio Concello da Coruña que permite facer esta iniciativa posible a través da súa participación nas subvencións de Participación deste ano 2020, da Real Academia Galega a través da súa colaboración e interese así como da escolma de obras que complementan o premio e da colaboración de ambas librarías da cidade, libraría ​Xiada ​e ​Moito Conto.

No xurado participarán dúas personas do ámbito literario, que son o docente e dinamizador cultural Javier Pintor e o escritor Fernando Ontañón, e por parte da directiva da Asociación de veciños, Álvaro B. Pérez Sancho e Ana Santomé.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.