I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita: de A Mariña para o mundo

As I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita xa son unha realidade. Futbolinlugo, en colaboración co Concello de Burela, lanza unha serie de relatorios de adestradores galegos no marco dun congreso que se celebrará o sábado 14 de novembro no salón de conferencias do Consistorio

O acto contará coa presenza dun número moi reducido de público, que se inscribiu de forma completamente gratuita a través da nosa web (futbolinlugo.es), e poderá seguirse por streaming mediante a plataforma YouTube, tamén sen coste. As plazas foron cubertas nas primeiras horas.

O chantadino Roberto Fernández, exfutbolista (Real Sporting, CA Osasuna, Granada CF ou CD Lugo) e ex adestrador de porteiros do CD Lugo, é o gran reclamo dun cartel que completan Yago Iglesias (técnico da SD Compostela), Simón Lamas (adestrador do Racing Villalbés), Adrián Laureda (exxogador e ex coordinador de base do CD Lugo), Julián Castaño (director de comunicación do CD Lugo e adestrador), Cris Oreiro (adestradora do Victoria CF feminino), Juan Rodríguez (técnico do Monterroso SD e ganador do I Certame de Promoción do Técnico Galego) e Bruno Gómez (míster da UD Xove Lago).

Lamas, ás 10:15, será o encargado de dar o pistoletazo de saída. Adrián Laureda e Julián Castaño (11:15-12:00), Yago Iglesias (12:15-13:00) e Juan Rodríguez e Bruno Gómez (13:00-13:45) copan o turno de mañá; tralo parón para xantar, Cris Oreiro (16:30-17:15) e Roberto Fernández (17:15-18:00) darán pé á mesa redonda, na que participarán tódolos adestradores para poñer fin ás xornadas (18:15-19:15).

Os espectadores que sigan os relatorios por YouTube poderán interactuar: reservamos os dez minutos finais de cada exposición, que durarán arredor de media hora, para preguntas do público. O evento, de Burela para o mundo, pretende chegar a tódolos rincóns grazas ao sistema de streaming.

Futbolinlugo e o Concello de Burela, ademais, levarán a cabo un exhaustivo protocolo COVID para garantir a máxima seguridade: medición de temperatura, uso de máscara obrigatorio, emprego constante de xel hidroalcólico, ventilación…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.