Mera participa por primeira vez con dúas tripulacións nunha regata de traiñeiras

O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera participa mañá sábado en Muros na IV Bandeira Muros de San Pedro, que dará comezo ás 16:00 horas. Será a primeira vez na historia que o club meracho se presente a unha regata con dúas tripulacións, unha absoluta masculina e outra tripulación mixta.

Para esta primeira cita da pretempada, na que está prevista a participación 18 tripulacións, David Fernández Vieites conta con practicamente todos os remeiros, que se repartirán entre as dúas tripulacións. A embarcación “A” bogará coa Mariñeira e a embarcación “B”, que será o equipo mixto, poderá saír á auga grazas á xenerosidade do Club de Remo Amegrove que prestará unha traiñeira da súa propiedade a Mera para poder participar nesta competición.

No 2021 Mera volverá estar na Liga Galega A, enfrontándose ao grande reto de medirse novamente ás mellores tripulacións de Galicia. Ademais da fichaxe do adestrador David Fernández Vieites, que se estrea como técnico despois dunha vitoriosa carreira como remeiro, incorporáronse ao equipo numerosos remeiros da zona, si ben é certo que contan co hándicap de estar inactivos nas últimas temporadas. Pola contra, producíronse as baixas de 4 remeiros titulares da pasada campaña.

No aspecto institucional o Centro Deportivo Mariñeiro de Mera segue a buscar con urxencia patrocinadores que permitan afrontar os numerosos gastos que acarrea un proxecto deportivo desta envergadura. Malia a importante colaboración do Concello de Oleiros, o club precisa de patrocinadores para poder participar nas competicións que lle corresponden.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.