Moción para a sinalización e promoción dos roteiros de sendeirismo no Concello de Viveiro

“Viveiro conta cun gran patrimonio natural, histórico e arquitectónico que parece estar condenado ao olvido, sen potenciar a súa posta en valor coa consecuente perda social e económica”, declaran dende o BNG de Viveiro

Patrimonio arquitectónico como, muíños, pontes de pedra, minas, camiños… Así como patrimonio natural no que atopar fragas, ríos, fervenzas, penas, soutos… Patrimonio que na gran maioría conta con camiños de acceso e rutas xa creadas polos e polas amantes do sendeirismo e outros deportes, como correr ou bicicleta. “Rutas e camiños que, cunha sinalización axeitada e a súa correcta difusión, axudarían a xerar rutinas e hábitos saudábeis para a veciñanza como tamén as tan necesarías alternativas de ocio para a nosa xuventude”.
Paraxes e camiños que hoxe en día non contan con sinalización nin o mantemento do trazado, “polo que tan só unha pequena parte da veciñanza, que sabe cómo chegar, pode desfrutar da potente rede de rutas que ten o noso concello como o Monte Castelo, Silvarosa, San Roque, Penedo do Galo… E como bo exemplo temos a Ruta da Auga, iniciativa de Terras de Viveiro, que desde a súa creación permiteu a moita veciñanza coñecer a historia da primeira traída de auga en Viveiro” aseguran.
Coa incorporación destas alternativas de ocio en Viveiro, “enriqueceríase o abano de actividades en Viveiro contribuíndo de maneira real a desestacionalizar o turismo, nunha época Covid, na que é imprescindíbel potenciar actividades de ocio ao ar libre e sen aglomeracións”.
Polo anteriormente exposto, o BNG de Viveiro propón para a súa aprobación en pleno os seguintes ACORDOS:

  1. Crear un apartado na páxina web do cocello -ou nunha nova páxina web- na que se recollan rutas, tanto a pé como en bicicleta, mostrando niveis de dificultade, distancia, tempo aproximado, etc.
  2. Que estas rutas esteñan dispoñíbeis nas diferentes plataformas dixitais GPS máis utilizadas na actualidade, tales como Wikiloc, Google Maps, etc.
  3. Elaborar un folleto no que se recollan as rutas para estar dispoñíbel na Oficina de Turismo, dependencias municipais, etc.
  4. Destinar unha parte dos vindeiros orzamentos para o mantemento e sinalización destas rutas, con elementos sustentábeis e acordes coa contorna.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.