MUSGO celebraba a súa segunda edición este sábado desde tres salas e no espazo virtual, vía streaming.

Foron un artista local –Lowkirmo-, outro asturiano –Ferla Megia- e un proxecto desde centroeuropa –PRETTY PRETTY 2000- os que mostraron a súa músicas nas canles do evento en Youtube e Twitch. Os concertos retransmitíronse desde o Café Pop Torgal e El Pueblo Café Cultural de Ourense, e o espazo de innovación Factory, en Berlín.
Esta segunda edición de MUSGO parte do éxito que colleitou a primeira, con máis de 3.000 persoas mobilizadas para asistir ás actividades promovidas en 2019 no casco histórico de Ourense, e volve ser beneficiaria da liña de subvencións para festivais, ciclos e mostras da Deputación Provincial de Ourense, contando tamén coa colaboración de Xunta de Galicia-Xacobeo 2021, SON Estrella Galicia, Gadis, Leroy Merlin e Viña Costeira.