Música, relatos ilustrados e obradoiros con Xurxo Souto e Pablo Balseiro este sábado en Labañou

Un sábado completo de cultura no coruñés barrio de Labañou
Ás 12 teremos a presentación do último libro de Xurxo Souto: Recortes poderosos- Pangalaica.
PANGALAICA
Oitenta pequenos relatos ilustrados. As historias e as persoas marabillosas que Xurxo Souto foi atopando nas súas viaxes por Galiza adiante. Petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país:
É mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea. Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade! Labañou e Teis son o mesmo barrio!
E ás 13:00 Pablo Balseiro, músico do barrio, daranos un concerto onde tocarán cancións do primer disco “San Roque Pá” e seguro que tamén nos adiantan algunha do novo disco.
Tamén haberá un obradoiro para a cativada, pero para que é necesaria inscripción.
“Como este ano é diferente e estamos lonxe de xente que queremos, decidimos facer un obradoiro para que a cativada elabore unha tarxeta de nadal mediante distintas técnicas de artes plásticas e reciclaxe. O obxetivo é que os participantes disfruten e ademáis recuperen así unha tradición que ultimamente caeu en desuso. O obradoiro será realizado polo Tigre de Papel”.
Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.
Cada participante terá que levar a súa máscara e seguirase o protocolo anticovid necesario.
É necesario inscribirse mandando email a avvfranciscoro@gmail.com, contestaremos asignando unha quenda (serán de 15-20 minutos), as prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscripción. Cada quendas será de 5 nenos acompañados con dous monitores.