O 31º ciclo Luis Asorey centrarase nos novos retos na agricultura, gandería, sector forestal e alimentación

A Deputación de Lugo colabora coa organización destas xornadas, que inclúe sete conferencias de expertos no campo das ciencias ambientais entre o vindeiro luns e o día 30 de novembro, ás 19.00h.

O ciclo de conferencias Luis Asorey 2020 co que colabora a Deputación de Lugo e organizado pola Real Academia Galega de Ciencias centrarase este ano na biointensificación, analizando os retos de hoxe en día no ámbito da agricultura, gandería, sector forestal e alimentación. A asistencia é gratuíta e, por primeira vez, as  xornadas serán online e poderanse seguir a través de Zoom con inscrición previa.

A Real Academia Galega de Ciencias decidiu dedicar este ciclo de conferencias á memoria do Doutor Luís Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi académico, secretario e vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias.

A Deputación de Lugo enmarca estas xornadas dentro da súa aposta polos recursos naturais como oportunidade de desenvolvemento económico para a provincia. Apoia este ciclo con 4.000€, unha cantidade que permite que se celebre un ano máis o congreso, dentro do firme compromiso da institución provincial coa divulgación e investigación científica, sobre todo no ámbito da sustentabilidade  medioambiental.

As charlas comezarán o vindeiro luns, 16 de novembro, coa xornada inaugural, e continuarán os días 17, 18, 23, 24, 25 e 30 deste mes. Todas as ponencias están previstas para as 19:00 horas, unha vez que a persoa estea anotada remitiráselle o enlace de conexión a cada unha delas.

Este ciclo organízanse dende 1989 coa Real Academia Galega de Ciencias, conta coa colaboración da Universidade de Santiago e está recoñecido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como actividade de formación do profesorado non universitario. Cada ano aportan a análise de expertos no campo das ciencias medioambientais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.