O Baixo Ulla amósase ao mundo o Día do Patrimonio 2020

Con motivo da celebración do Día do Patrimonio máis de cen entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ao seu compromiso co patrimonio galego

Desde o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades.

O proxecto colaborativo obaixoulla.gal, impulsado pola Asociación Cultural Os Penoucos, propón unha campaña de divulgación do patrimonio a través das redes sociais. Este sábado e domingo animamos a todas as persoas que o desexen, publiquen as súas fotos, videos… co cancelo #PatrimonioDoBaixoUlla para deste xeito ensinarlle ao mundo o patrimonio de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rianxo e Valga.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.