O CEESG insta á Xunta a “calendarizar as probas das oposicións de ‘educador/a’ nun ambiente seguro”

A Xunta de Galicia ten pendente determinar as datas de exame das 86 prazas de ‘educador/a’ incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2018

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia deu traslado á Xunta de Galicia dun escrito no que expoñen a necesidade de fixar a data das probas de oposición para a especialidade de ‘Educadores/as’ do corpo facultativo de Servizos Sociais. Opositores e opositoras de Educación Social están sendo desoídas pola administración e expostas a unha situación de inseguridade. Por isto, dende o Ceesg se solicita que na maior brevidade posible se estableza unha calendarización das probas de oposición, tendo en conta que se realicen nun ambiente de seguridade.

Insistindo na reclamación de que as prazas de ‘Educador/a’ se vinculen unicamente á titulación universitaria de Educación Social, o Colexio sinala que é necesario que a Xunta de Galicia se responsabilice da situación que se está a producir, pois a grave situación sociosanitaria está a favorecer que espazos dedicados a coidados de nenas e nenos se vexan innecesariamente expostos a situacións de clara desprotección.

A Educación Social é a profesión que na actualidade está capacitada para, dende a profesionalidade, levar á práctica accións socioeducativas adecuadas ás vulnerabilidades de nenas e nenos e realizar un traballo directo ao seu carón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.